publicidade hoxe

O CD Burela FS Pescados Rubén prepárase para a primeira batalla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O CD Burela FS Pescados Rubén xa está preparado para a primeira batalla da Supercopa de España, que albergará o pavillón Vista Alegre este domingo (13.00 horas) ante o titánico Atlético de Madrid Navalcarnero; o último adestramento está previso para mañá pola mañá. A cita poderá seguirse en directo a través de pasionmc.com.

Lucas dispoñerá de todo o persoal a excepción de Eva, que non poderá saltar á pista por unha pequena rotura de fibras. “Foii unha boa pretempada, traballando as nosas ideas desde o principio. Vai ser o primeiro partido oficial e chegamos con moita ilusión; co bloque da semana pasada gañamos competitividade na portería, pegada e calidade en ataque con Ceci e frescura con Judith e Emma” reflexionaba así o adestrador laranxa sobre o vestiario que se estreará oficialmente o domingo. “O Atlético é o claro favorito; gañouno todo nos últimos anos, pero nós estamos preparados para facerlles fronte. Os seus números non van condicionar a nosa meta; imos gañar” aseguraba Lucas, recoñecendo o impulso que supoñería un resultado positivo na Mariña: “Un marcador favorable en Vista Alegre sería un grande aliciente, pero non é decisivo. O título xógase en 80 minutos”, matizaba o técnico.

A Supercopa decidirase o sábado 12, a partir das 17.00 horas, na casa do Navalcarnero (A Estación).

Carnés 2015-16

Os soci@s burelistas xa poden recoller o carné de nova tempada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo), de luns a venres (10.00-14.00 horas/16.00-19.00 horas). Tamén poderán recollelo en Vista Alegre o sábado a partir das 18.00 horas, no amistoso do CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS con Prone Lugo e o domingo coincidindo co duelo copeiro.

4 de setembro de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.