publicidade hoxe

O CCA Estrela de Marín pon en marcha a unha nova edición da campaña Estrela na que repartirán 3.000 euros en vales

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, imos poñer en marcha, dende mañá xoves 1 de outubro e ata o 29 de xullo de 2016, a VIII Edición da Campaña Estrela. A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este outubro a xullo de 2016, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 100€ en cada un. Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 30 de outubro, 30 de novembro, 30 de decembro, 29 de xaneiro, 29 de febreiro, 31 de marzo, 29 de abril, 31 de maio, 30 de xuño e 29 de xullo. Os gañadores disporán dun mes para canxear o vale. Por outra parte, mañá ás 13 horas terá lugar o sorteo da campaña “A Volta ao Cole Mellor con Estrela”, acción de dinamización comercial na que repartiremos 600 € en vales compra (1 vale de 200€, 2 de 100€ e 4 de 50€).

30 de setembro de 2015 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.