O Campus Lugo Sala volveu a converterse en todo un éxito

Clausura do Campus Lugo
O II Campus específico de fútbol sala que organizou Lugo Sala e que finalizou o pasado venres volveu ser un éxito de participación, con case 50 nenos participantes, e no que o lecer e o deporte do fútbol sala volveron ir da man para así ser unha fórmula perfecta para o goce de catro días de diversión para todos os nenos que se deron cita nesta actividade.
Desde o noso club organizouse un Campus para que o fútbol sala non fose o único protagonista, senón que a convivencia, ampliando nesta ocasión a actividade ao longo de todo o día con manutención incluída, se convertese tamén nun aspecto fundamental. Este evento tamén contou con moitas actividades de lecer, como a visita ao Aquapark de Cerceda, ou as charlas impartidas por xogadores profesionais.
Así ao longo dos catro días os nenos puideron gozar de momentos inesquecibles xunto a xogadores do Cofersa O Parrulo Ferrol da 2ª división da LNFS como Rubén Mouriz, Zala ou Miguel Muñoz, ademais de dous xogadores de 1ª división e pertencentes ao Burela Pescados Rubén, Chano e Jorge Bellvert. Con eles puideron compartir momentos de diversión, preguntarlles as súas dúbidas, coñecelos persoalmente e mesmo gozar na cancha con diversos xogos.
Clausura do Campus
No último día de Campus, o pasado venres, e tras gozar dunha tarde de lecer con inchables grazas á colaboración da empresa de animación IG10, clausurouse esta actividade coa entrega dos diplomas a todos os nenos participantes na mesma. Así mesmo sorteáronse diferentes agasallos entre todos os nenos como balóns, reloxos achegados pola marca Timex Ironman, así como diferentes equipamentos de clubs da LNFS.











