publicidade hoxe

O alcalde visita a Escola Infantil de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Visita ás instalacións. Foto: Concello de Gondomar

Visita ás instalacións. Foto: Concello de Gondomar

Hoxe pola mañá o alcalde Francisco Ferreira visitou as instalacións da Escola Infantil da rede A Galiña Azul de Gondomar xunto coas concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro, aproveitando a xornada de portas abertas que ten o centro ao inicio do curso escolar para que as familias se acheguen cos cativos e coñezan xuntos as instalacións da escola.

O alcalde visitou a Escola acompañado pola directora, percorreu tódalas dependencias, aulas, comedor, patios, etc… tamén coñeceu ao personal do centro, composto por tres mestres, sete educadores e dúas persoas de servizos xerais e interesouse polo funcionamento do mesmo e polas súas demandas.

4 de setembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.