O alcalde de Santiago recoñece o traballo de canteira e bo facer do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Reunión de Noriega cos representantes do Santiago Futsal

Reunión de Noriega cos representantes do Santiago Futsal

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu unha delegación do Santiago Futsal, encabezada polo seu presidente, Ramón García. Martiño Noriega recoñeceu o “gran traballo de canteira” do Santiago Futsal, e a representación que, como club de elite, vén realizando ao longo de moitos anos. Ademais, expresou a súa satisfacción por que o club teña saído dunha complicada situación económica.

A xuntanza serviu para que os directivos do Santiago Futsal lle explicaran de primeira man ao alcalde a situación deportiva e económica do club, así como as diversas accións en marcha e futuras do club para seguir implicando á sociedade compostelá.

14 de setembro de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.