O alcalde de Lalín participa no encontro do Eixo Atlántico en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Rafael Cuíña na reunión

Rafael Cuíña na reunión

O alcalde de Lalín participou hoxe na reunión do Eixo Atlántico que se celebrou en Ourense. O encontro, no que tamén participou Judit Torokne, a responsable de política urbana da Dirección Xeral  de Política Rexional da Comisión Europea, serviu para que os alcaldes coñecesen de primeira man tanto as liñas estratéxicas como as liñas de financiamento que a Comisión Europea está a preparar para impulsar a política urbana e que serán convocadas nas próximas semanas. O acceso a esta convocatoria podería materializarse na consecución de novos proxectos xeradores de emprego e de mellora da calidade de vida nas localidades beneficiarias dos fondos.

15 de setembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.