O alcalde de Lalín mostra o seu apoio á plataforma en defensa do sector lácteo
O alcalde e o tenente de alcalde. Rafael Cuíña e Nicolás G. Casares participaron na reunión da plataforma en defensa do sector lácteo, na que consensuaron e coordinaron, xunto co resto de membros da plataforma, a participación dos gandeiros da comarca na mobilización e tractorada prevista entre os días 7 e 10 en Compostela.
O cronograma é o seguinte:
Programa de mobilizacións para Compostela:
7 de setembro:
11 h.: Chegada de tractores a Salgueiriños.
12 h.: Percorrido cos tractores polas seguintes rúas:
S. Caetano, Avda. Castelao, Vista Alegre, Salvadas, Galeras, S. Lorenzo, Mestre Mateo, Romero Donallo, Hórreo, Avda. de Lugo, Rodríguez de Viguri, Camiño Francés, Irmandiños, Salgueiriños.
8 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras a Área Central e ao Centro Comercial As Cancelas, con reparto gratuíto de leite.
9 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras ao edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.
16 h.: Reparto de leite gratuíto na Praza Roxa.
10 de setembro:
12 h.: Manifestación a pé, saíndo de Salgueiriños e concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.
Levaremos ata Santiago 5.000 tractores e permaneceremos na capital galega ata o día 10 de setembro, a data límite fixada pola Ministra para chegar a un acordo entre todos. O noso obxectivo é que as Administracións e a sociedade tomen conciencia da grave situación pola que atravesa o sector lácteo e poñan medios para solucionalo”. Así mesmo, incide en que se explicou











