O alcalde da Coruña solicita unha reunión ao presidente de Alcoa España
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, solicitou por carta unha reunión co presidente de Alcoa España, Rubén Bartolomé, para “clarificar o futuro da planta (coruñesa) e do seu persoal”. A través dun comunicado, o Goberno local explica que esta misiva responde ao compromiso do rexedor cos representantes do comité de empresa, cos que mantivo un encontro o mércores.
Así, na súa epístola, pide aos directivos da compañía “que expliquen a situación da factoría e que se pronuncien, de forma pública, manifestando a vontade de manter a actividade industrial”.
Tanto por parte do Goberno municipal coma por parte dos traballadores apreciaríase de forma moi positiva que a empresa axude a cambiar a actual situación, na que parecen pecharse as vías de solución ao problema,”, engade en relación ao futuro da planta coruñesa tras o resultado da poxa eléctrica.











