O albergue de peregrinos da Guarda duplicou a súa ocupación en xullo e agosto
Algúns destes peregrinos que decidiron chegar ata Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa fixeron noite no albergue de peregrinos da Guarda. En total, nos meses de xullo e de agosto foron 426, os peregrinos que escolleron o noso albergue. Comparando esta cifra coa do ano anterior, os datos indican que se duplicou o número de peregrinos que durmiron na Guarda, o que mostra o gran interese que suscita este camiño.
A pesar de que tan só existen datos cuantitativos do número de peregrinos que decidiron pasar a noite na Guarda, o número de camiñantes que pasaron por esta vila é moito maior. Así, hai moitos peregrinos que quizais non foron rexistrados, outros que deciden non facer noite na Guarda e seguir ata o próximo albergue e moitos outros que comezan a súa andaina ata Santiago de Compostela dende esta vila.
A procedencia maioritaria dos peregrinos que escollen este Camiño a Santiago seguen a ser estranxeiros, como xa o era na súa orixe. O maior número de visitantes son portugueses pero tamén hai alemáns, italianos, franceses e, en especial, este verán incrementouse o número de peregrinos polacos. Ademais chegou xente procedente dende EEUU ou de Xapón.











