publicidade hoxe

O 87% das firmas que participarán na Feira Internacional do Moble de Galicia son nacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Cando falta unha seman para que o recinto feiral estradense abra as súas portas ao público para amosarlles o que será a vindeira 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, ultima detalles do seu programa de actos e pecha os últimos contactos comerciais.

A presente edición da Feira Internacional do Moble de Galicia, contará con preto de setenta firmas expositoras de mobiliario doméstico, complementos, relax, decoración, iluminación, menaxe, etc… O 87% das firmas presentes son nacionais, destacando considerablemente as procedentes da nosa Comunidade Autónoma, cun 70%.

Pola súa banda, do 70% de firmas autonómicas, o 24% son expositores locais de mobiliario, artesanía e resto do comercio. O restante 13% das firmas presentes, son internacionais, procedentes do veciño país de Portugal. Estas firmas xa veñen sendo habituais clientes deste certame, agás unha firma nova que irrumpe nesta mostra con forza xa que, ten contratado un espazo físico de douscentos dez metros cadrados. As firmas internacionais, como xa ven sendo tradicional, ubicaránse en parte dos pavillóns un e dous.

A modo de reforzo e apoio do propio certame expositivo, a 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, terá unha serie de actividades paralelas e variadas para captar a atención do público visitante:

Xornadas técnicas, visitas turísticas guiadas, actuacións artísticas, actividades culturais, lúdicas e de esparcemento, exposicións temáticas, etc… Todas as actividades teñen carácter gratuíto para os visitantes, previa inscrición por motivos de aforo e loxística en xeral.

A firma forcaricense Soutelana, S.L. será a encargada, a traverso de persoal técnico específico de realizar unha actividade ao aire libre como é a talla escultórica en madeira, realizada con motoserra. A exhibición terá lugar no exterior do recinto feiral para preservar de ruidos e pó o interior dos pavillóns.

A 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, mantén en deferencia a todos os visitantes, o carácter gratuito da entrada e sorteará entre todos os asistentes catro vales por importe de cincocentos euros cada un por xentileza da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada. Pola súa banda, o restaurante local “O Asador de Leo”, sorteará un total de seis ceas para dúas persoas. Ambas son medidas de marketing para atraer aos visitantes e ao mesmo tempo para estimular a economía local.

A mostra pioneira do noroeste peninsular, amosará as novas líneas, tendencias, cores, deseños e materiais que copan actualmente o mercado de mobiliario doméstico. Solucións adaptadas aos condicionantes espaciais imperantes, fabricación a medida, instalación e proxectos individualizados.

11 de setembro de 2015 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.