Novidosas propostas culinarias no curso de cociña da Casa Rosada
Dentro do programa de actividades que propón a concellaría de benestar social a cociña é sempre un dos cursos máis demandados xa que ten os seus fiEles adeptos e sempre hai moita xente con gañas de aprender novas receitas.
O obxectivo desta edición de cociña é ofrecer un receitario renovado que coma sempre fai dos productos autócnos o seu emblema. Elena Arguello a cociñeira responsable de diseñar cada xornada leva no periodo vacacional do veran experimentando e recuperando pratos……unha muller que domina a cociña coma ninguén e que ten a sabiduria que aportan os moitos anos adicados aos fogóns.
Nesta nova tempada as clases siguen a ter horario de xoves pola tarde …coma sempre adicaremos oito sesións con posibilidade (si o laumno o desexa) de prolongar.
En outubro van a estar presentes os platos de caza….pero tamén é época de marmeladas e membrillos e de dar consexos para conservar os productos que nos ofercen as xenerosas hortas…
Tamén a monitota que está moi al tanto da actualidade , coñece o éxito que a día de hoxe teñen os moitos concursos de pinchos e tapas….. polo que tamén estos pequenos pratos terán o seu espazo.
Xa temos o avance dos pratos da primeira xornada que si é posible arrancara o xoves 8 de outubro:
Pastel de merluza con langostinos, alcachofas con almejas e flan de chirimoya con leite condensada.
Dícese que á maioría somos de fácil conformar diante de boas viandas….polo que mencionar os moitos pratos que se van a traballar neste curso vai a ser o mellor enganche para que a xente se anime a participar.
Entrantes:
Ensalada de garbanzos. Ensalada de arroz e mexillóns. Ensalada de gambas e calabacín. Ensalada de cangrexo… arroz con atún e verduras, moitas cremas con verduras de tempada.
Pescados:
Arroz con bogavante ( este prato xa quedara prometido en cursos anteriores)
Filetes de troita asalmonada con pisto especial.
Cocochas de bacalao con garbanzos.
Rape a la sidra.
Bacalao á portuguesa con maionesa e gratinado.
Bacalao ó estilo do Pazo de meirás.
Pescados á sal con salsas variadas.
Carnes:
Solomillo con uvas e viño ó Xerez.
Chuletas de cordeiro glaseadas ó romero.
Polo campero ou de granxa ” á boa muller”
Solomillo á broché con salsa cabrales.
Zancos de pavo con piña.
Elaboración do cordeiro lechal e de Pascua.
Perna de pavo en escabeche.
Falda de terneira rechea.
…… e de caza: Xabalí con fabas. Prepración de perdices e codornices……
e todo o que alumnado vaia suxerindo nunha pizarra que vaise colocar para anotar as cousas que lles interese que a profesora explique.
O dito…un curso máis que rico!!!!…cun contido abrumador…. e sempre coa profesionalidade de Elena Argüello.
Por certo que o alumnado pode estar tranquilo xa que na parte do curso adicada aos postres , Elena sigue contando coa repostera Mary Muiños…..
O curso ten proxectado comezar o día 8 de outubro sempre na espera de que se cubran as prazas que se ofertan.
O curso ten unha cuota de participación de 40€ / completo…. e o alumnado ten a posibilidade sempre de probar todos os pratos que se traballen….
Información e inscricións no centro social “Casa Rosada”: 986872401.