Nova cita do programa compostelán “Imos ao baile”
Este sábado 12 de setembro celebrarase no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, en Conxo, unha nova entrega do programa Imos ao baile, organizado polos departamentos de Acción Cultural e de Relacións Veciñais. A partir das 17:30 horas, a sesión será amenizada polo grupo Channel. A participación é de balde.











