Noriega aposta pola sistematización dunha axenda internacional para Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Martiño Noriega na reunión con Xulio Ríos

Martiño Noriega na reunión con Xulio Ríos

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos. Foi unha primeira toma de contacto a fin de traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.

En palabras de Martiño Noriega, o obxectivo é “aproveitar as sinerxias que a propia cidade xera”, así como a súa “carga simbólica”, para crear “dinámicas que teñan un retorno na cidade”. Así, referiuse a retornos no eido cultural e simbólico pero, sobre todo, no tecido económico da cidade.

Nos vindeiros meses -indicou o alcalde- traballarase para “sistematizar” esta axenda internacional. Na definición da mesma colaborarase co IGADI. Así, o seu director coincidiu na aposta por unha “acción exterior específica” de Santiago, partido do seu papel como “cidade universal, cunha enorme potencialidade e que xera unha axenda exterior importante por si mesma”. Neste sentido e a propósito dos refuxiados, lembrou o “papel global” que xa teñen os concellos na actualidade.

8 de setembro de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.