Narón manifesta as súas condolencias aos Concellos de Cambre e Carral polo accidente no Rally da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un burofax que esta mesma mañá se remitiu aos Concellos de Cambre e Carral para transmitirlles aos alcaldes de ambos municipios, José Luis Fernández e Óscar García, respectivamente, o seu pésame e o da corporación local de Narón polas “irreparables consecuencias” do accidente que tivo lugar na xornada do pasado sábado no Rally da Coruña, con seis vítimas mortais e dezaséis feridos, dos que unha menor faleceu tamén nas últimas horas.

No escrito o alcalde transmitiu ademais o desexo da corporación local dunha pronta recuperación para as persoas que resultaron feridas no fatal accidente e transmitiu as condolencias ás familias das vítimas.

7 de setembro de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.