“Monitorado Activo” xa está listo para o IV Campamento para monitores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O grupo informal “Monitorado Activo” ten xa tódolos preparativos listos para o IV CAMPAMENTO PARA MONITORES/AS, unhas xornadas de formación e de intercambio de experiencias para profesionais no tempo libre, que se vai desenvolver no Albergue Municipal “Vicente Agulló” do Concello de Lalín durante os días 2,3 e 4 de outubro. Nel participaran 30 monitores/as de tempo libre provintes de toda Galicia.

Este ano o grupo de mozos/as organizador está conformado por David Taboada, Alejandro Alló, Oscar Arguinzóniz, María García e Andrea Val, aínda que están apoiados por outros compañeiros/as e colaboradores.

Este proxecto que xurdeu, fai xa catro anos, da inquedanza dun grupo de xoves, é xa toda unha referencia a nivel galego de intercambio de experiencias á redor do ocio e o tempo libre. Durante as pasadas edicións puideron abordarse temáticas como lexislación, educación ambiental, igualdade de oportunidades, actividades multiaventura, interculturalidade, habilidades sociais, creatividade,  novas tecnoloxías adaptadas a este ámbito, …

O obxectivo final da actividade é propiciar un entorno de reflexión e interacción entre profesionais do tempo libre. Trátase dunhas xornadas de convivencia nas cales os/as destinatarios/as serán os/as propios/as participantes. Traballaranse os aspectos formativos, de programación e de valorización do labor educativo que se desenvolven nas actividades de ocio e tempo libre.

Para isto, propoñen unha convivencia de educadores/as no tempo libre baseada na creación dun espazo para a comunicación, o intercambio de experiencias e recursos, a implicación, o adestramento de habilidades sociais e a participación activa.

A proposposta deste ano centrarase na creación dun ficheiro de Danzas do Mundo, no debate e reflexión de como abordar a interculturalidade nas actividades de ocio e tempo libre, aplicación dos Plans de Evacuación e apoio ós de Grupo de Intervención en Emerxencias, na Danzas do Mundo como ferramenta de traballo. Ademáis os participantes poderán beneficiarse dun amplo programa de ocio educativo con unha visita guiada ao Museo Etnográfico casa do Patrón, unha performance por Lalín, na que interactuarán coa poboación,  etc., nas que poder disfrutar ao mesmo tempo que interactuar con profesionais do seu mesmo campo

Esta actividade está financiada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do programa “Iniciativa Xove”. Na páxina web http://xuventude.xunta.es/xuventude-con-iniciativa.html , podedes ver máis información sobre o programa. E conta co apoio do Concello de Lalín que cede as instalacións nas que se realizarán as xornadas.

Contamos con que a iniciativa sexa todo un éxito como os anos pasados, tanto polos recursos creados, como pola rede de contactos conseguidos como pola implicación dos participantes chegados de toda Galicia.

28 de setembro de 2015 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.