publicidade hoxe

Móllate polos ríos en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O concello de Gondomar a través da Concellería de medio ambiente, mobilidade e sanidade dirixida por Jimena Varela Rodríguez, apoia a limpeza que vaise levar a cabo o vindeiro domingo no río de Gondomar organizada por Proxecto Ríos coa colaboración de diferentes entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 42 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 52 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta sexta edición. A limpeza que será o 27 de setembro mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Gondomar centro realizará a coordinación da limpeza a Asociación A Groba. Tódolos interesados están citados as 10:00 na ponte do Matadoiro o vindeiro domingo 27.

Aconséllase levar luvas.

25 de setembro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.