Medio Ambiente achega a Pontevedra a campaña Máis claro auga para concienciar aos cidadáns sobre o consumo responsable deste recurso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia en coordinación coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, achega hoxe, día 11, ata a cidade de Pontevedra a campaña Máis claro auga, coa que se fai fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga.

O obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

É importante subliñar que ter coidado co desperdicio da auga supón un aforro importante de cartos para familias e administracións públicas; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

A campaña divulgativa con información na rúa insírese nunha acción de goberno global encamiñada a acadar un aforro deste recurso natural. En contra do que se poida pensa, en Galicia non sobra a auga, e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación.

Durante todo o día de hoxe un stand informativo instalado na praza da Peregrina proporciona consellos para o aforro de auga e distribúe redutores de caudal.

Esta exposición xa pasou pola Coruña e Ourense e, tras deixar a cidade departamental e Lugo, a campaña na rúa visitará Santiago na xornada do 16 de setembro; e Vigo, o día 18.

Ademais das accións divulgativas a pé de rúa, que inclúen o reparto de folletos informativos, a campaña que ten en marcha a Consellería de Medio ambiente, compleméntase coa distribución de cartelería así como accións divulgativas nos medios de comunicación.

11 de setembro de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.