publicidade hoxe

Martín Villamarín faise co Torneo de tenis de verán de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Entrega de trofeos

Entrega de trofeos

A XIV edición do torneo municipal de tenis de Carral, desenvolveuse ao longo dos meses de agosto e mediados de setembro. Esta competición estaba enmarcada dentro da programación deportiva municipal do verán.

Este ano contamos con 15 inscritos de todas as idades.  Os xogadores distribuíronse en dous grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos e que durou desde o 1 de agosto até o 1 de setembro. Dela conformáronse as fases finais, disputándose ao longo da primeira quincena de setembro os oitavos, cuartos e semifinais.

Foi o domingo 13 cando tivo lugar a gran final. Ás 17.00 h, os carraleses Martín Villamarín (que xa sabía o que era gañar este torneo nas categorías inferiores) e Jorge Vázquez (asiduo tamén neste torneo), disputaron unha das finais máis rifadas dos últimos anos; despois de máis de dúas horas e media de encontro, o marcador decantouse finalmente ao lado de Martín cun resultado de 6/4 e 7/5, converténdose ademais no primeiro xogador que levanta o trofeo de campión na categoría infantil (no 2010) e na categoría absoluta.

Ao terminar o encontro o concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos aos dous finalistas. 

15 de setembro de 2015 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.