Mario Iglesias rodará en Vigo un vídeospot para afondar na loita dos pacientes oncolóxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Mario Iglesias (Pontevedra,1962) é un director de cine experimentado con seis longametraxes no seu haber e moitos curtos multipremiados. As súas historias audiovisuais desgárrannos a alma e despois de coñecerlle ou ver o seu cine, a vida non volve ser a mesma. Abordando o drama e os conflitos sociais desde o lado máis humano, ten a capacidade de espertar conciencias.

Estas calidades fanlle ser o máis idoneo para transmitir a outra loita que deben librar moitos pacientes oncolóxicos: a desprotección económica e social. E isto é o que lle propuxo Beatriz Figueroa.  A rodaxe será mañá xoves  10 de setembro na rúa Garcia Barbón en Vigo (de 9,30 a 14,00)  e”Tentar pór en escena a situación que viven moitos enfermos abocados a buscarse a vida cando terían que estar a coidar dela” é o obxectivo do director de cine Mario Iglesias.

A actriz moañesa, María Salgueiro, porase na pel dunha enferma desamparada. Salgueiro actualmente traballa na serie da TVG “Serramoura” e na exitosa serie de Antena 3 “Vis a Vis”, para a que en breve comezará en Madrid a gravar a súa segunda tempada.

Director e actriz, do mesmo xeito que o produtor, Alberto Plágaro e todo o equipo de profesionais técnicos realizan este proxecto de maneira desintereada porque consideran que é unha responsabilidade de toda a sociedade implicarse e máis cando calquera pode padecer un cancro.

Figurantes que coñecen de primeira man a enfermidade

O vídeospot será presentado para difundir na campaña do Día Mundial do Cancro de Mama, que se se celebra o 19 de outubro. Beatriz Figueroa  quixo que os afectados puideses participar e para iso pediulles a súa implicación como figurantes. Edurne, Carmen, Laura, Beatriz M., Margarita superaron un cancro de mama do mesmo xeito que Susana que quixo desprazarse desde Áviles e desta maneira celebrar o seu cuarto aniversarios (desde que a operaron).

Mulleres e homes, afectados de distintos tipos de carcinoma e familiares, de idades comprendidas entre os 65 e os 18. Itziar, a máis nova e que irá acompañada da súa curmá Ariana, foi a primeira en escribir a Beatriz porque viviu e está a vivir na súa familia a dura realidade desta enfermidade e quería colaborar.  Eles demostraron ser máis reticientes á hora de colaborar neste tipo de proxectos.

Quen non o dubidou é Xurxo a pesar de que está na actualidade librando a batalla contra a enfermidade nin Jaime, que  xa a gañou, pero reclama medidas de acompañamento laboral unha vez superada a enfermidade. Acompañaralles Carlos, que superou dous, e como o di “está a voltas” co terceiro ao que tamén está seguró vencerá.

O esforzo máis grande será o de Anxo, que pretende percorrer 1.700 km  para estar neste vídeo porque se sente completamente identificado coa mensaxe que se quere transmitir. Angél é un dos moitos enfermos diagnósticados en desemprego, que de non ter recoñecida a incapacidade permanente, a prestación asistencial de 426,00€ pode conducilo á exclusión social. 

Beatriz Figueroa segue na loita 

Beatriz Figueroa diagnósticada de cancro en marzo do 2011 en maio do 2013 mantivo durante un mes unha folga de fame para denunciar a situación de indefensión socioeconómica dos enfermos de cancro. Promoveu unha  proposta lexislativa presentada polo BNG no Congreso dos Deputados, e redactada polo catedrático de Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo , Jaime Cabeza Pereiro. A modificación da Lei Xeral de Seguridade Social presentada  garantiría unha protección  suficiente e eficiente aos enfermos graves derivados de carcinoma ou patoloxías similares, conferíndolle  seguridade económica mentres durase ese transo. En outubro do 2014, unanimemente todos os partidos da  oposición votaron  a favor no pleno do Congreso, pero a maioría do Partido Popular permitiulles non admitila a trámite.

A petición de Beatriz Figueroa na plataforma Change CAMBIEN A LEI E PROTEXAN Aos ENFERMOS DE CANCRO http://goo.gl/YIj11e é a que máis firmas recolleu en España e segue activa con máis de 552.500.

As súas impactantes campañas nos días que se celebra mundialmente esta enfermidade  non deixan indiferente a ninguén e tiveron enorme repercusión nos medios de comunicación e nas redes sociais.

O pasado mes de xuño entrevistouse coa Defensora do Pobo, Soledad Becerril para que a Seguridade Social recoñeza, dunha vez por todas, a prestación de incapacidade permanente aos pacientes de cancro durante o tempo necesario para a súa curación e recuperación. No encontro con Becerril trasladoulle as queixas de todos os enfermos. Figueroa recibiu preto dun milleiro de testemuños desde que iniciou a súa reivindicación para lograr unha protección especial para os afectados de carcinoma e o recoñecemento dos dereitos derivados da enfermidade e as súas secuelas.

9 de setembro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.