Máis de 800 persoas contemplaron o paso do tempo en diferentes rostros femininos figurativos na mostra Omni Tempore

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Mostra Omni Tempore

Mostra Omni Tempore

Máis de 800 persoas contemplaron o paso do tempo en diferentes rostros femininos figurativos grazas á mostra gratuíta Omni Tempore, que acolleu durante un mes o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Esta exposición itinerante, que congregou medio cento de pinturas abertas a diferentes interpretacións do pintor arxentino afincado en Lugo Juan Pablo Mastroianni, espertou o interese de preto de 500 persoas da cidade de Lugo, o que supón o 60% do total. Do territorio español os que máis visitaron esta mostra foron os madrileños, e dos foráneos, os franceses.

Entre as obras que reuniu  Omni Tempore, realizadas cuha técnica mixta, empregando tintas degradables, lixibias, iodo, goma arábica, témperas ou acrílicos, entre outras, destacau El pecado y sus arrepentimintos, un rostro rodeado doutros rostros que amezaban con perdoar ou non o pecado; Tus miedos, única obra na que figuraba un rostro masculino, ou o collage El juramiento. Nesta mostra, que chegou a Lugo tras recorrer preto dunha decena de espazos expositivos, tamén se poideron observar paisaxes. 

16 de setembro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.