Máis de 4.200 persoas chegan ao porto de Vigo a bordo do ‘Azura’

Azura
O Porto de Vigo recibirá hoxe a escala do ‘Azura’, con máis de 4.200 persoas a bordo, entre pasaxe e tripulación. Procedente de Southampton (Gran Bretaña), chegou ao Peirao de Transatlánticos ás 08.15 horas, onde permanecerá até as 17.00h., momento no que porá rumbo a Lisboa (Portugal). A bordo viaxan un total de 3.112 pasaxeiros de 19 nacionalidades distintas, na súa maioría británicos (3.052 pax.) e 1.168 tripulantes.
Este cruceiro, dos máis habituais en Vigo durante os últimos anos, pertence á naviera ‘P&O Cruises’. Construído por Fincantieri, nos seus estaleiros de Monfalcone (Italia), é o barco irmán do ‘Ventura’.
A súa construción iniciouse en 2008, cando a súa quilla foi posta oficialmente. A entrega oficial do cruceiro a ‘P&O Cruises’ levou a cabo dous anos despois, en 2010, e a súa viaxe inaugural tivo lugar precisamente ese ano, cando saíu dos estaleiros de Fincantieri en ruta a Southampton.
Con 290 metros de eslora e 36 de manga, dispón de 1.557 camarotes, distribuídos en 14 cubertas, co que pode albergar até 3.597 pasaxeiros e algo máis de 1.200 tripulantes.
Este megacruceiro de última xeración, conta con todas as comodidades e diversos servizos exclusivos como, por exemplo, un ximnasio con vistas submarinas, spa de augas termais, un gran auditorio con espectáculos de teatro e malabares e un cine ao aire libre na cuberta superior.
Tamén ten o primeiro restaurante flotante distinguido cunha estrela Michelin, ‘The Glass House’, que conta co asesoramento do chef Atul Kochhar, propietario do exclusivo restaurante londiniense ‘Seventeen’.
O ‘Azura’ visitará o Porto de Vigo até en 8 ocasións ao longo desta tempada, deixando na cidade a máis de 34.400 persoas.
Xunto a el, a Estación Marítima recibirá tamén ás súas outros irmáns: o ‘Oceana’, o ‘Oriana’, o ‘Arcadia’, a ‘Aurora’, o ‘Ventura’ e o ‘Brittania’, pertencentes á emblemática naviera P&O. Entre eles, deixarán en Vigo máis de 86.000 pasaxeiros nun total de 30 escalas, fronte aos preto de 13.000 pasaxeiros rexistrados en 2014 nas 6 escalas realizadas ao longo dese ano polos buques da naviera.











