Lúa Piñeiro cae nos cuartos de final do Grand Prix de Samsun
A nosa deportista Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) caeu hoxe nos cuartos de final da proba do Grand Prix de Samsun (Turquía). A galega gañou dous combates e perdeu fronte á china Hun Zhang, que chegou ata a final do torneo.
Na primeira rolda tivo como rival á deportista de Canadá Ashley Kraayeveld e logrou o triunfo por 5-2, mentres que nos dezaseisavos de final eliminou a Paige McPherson (Estados Unidos) por 2-1. Nos cuartos, caeu contra a china por 1-7.
Lúa chegaba a este campionato despois de acadar o triunfo nos Open de Polonia e Israel e sumar importantes puntos para o ranking mundial.











