Lete Lasa visita as obras de mellora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Lete Lasa na visita ás instalacións

Lete Lasa na visita ás instalacións

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, realizou hoxe unha visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra co fin de comprobar o estado das obras que se están realizando nas instalacións.

Concretamente, trátase da renovación do pavimento sintético das pistas de atletismo, que rematará nas próximas datas, e da reforma da residencia de estudantes, obra esta recentemente rematada, coincidindo co curso iniciado 2015/2016. Estas actuacións súmanse neste 2015 a outras de melloras no centro, ascendendo en total neste exercicio a mais de 750.000 euros.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O CGTD, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, é o centro de referencia da tecnificación e do alto nivel deportivo da Comunidade Autónoma. Para o curso que vén de comezar conta con 159 deportistas (92 deles internos) de 11 modalidades deportivas, sendo tamén unha instalación aberta a usuarios da cidade de Pontevedra, como son os clubs e as escolas deportivas municipais, que utilizan as dependencias para a súa preparación deportiva.

17 de setembro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.