Lara Méndez: “É unha desvergoña que Feijóo se comporte con frivolidade ante a situación do sector lácteo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O comportamento adoptado e as declaracións feitas polo Presidente da Xunta ante a concentración de tractores en Santiago e Lugo, quen sinalou que “os alcaldes están satisfeitos coas mobilización nas cidades” demostran unha vez máis a frivolidade de Feijóo. “É unha desvergoña que o Presidente da Xunta fale e se comporte cunha frivolidade total e absoluta ante a situación do sector lácteo, un problema de país”, subliñou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

“Lamentamos que Feijóo frivolice cunha situación tan drástica como a que están a pasar as máis de 10.000 explotacións galegas, e miles de familias galegas, pois este sector xera máis de 50.000 empregos na comunidade”, destacou a rexedora.

“O sector lácteo é un sector estratéxico para o desenvolvemento da economía galega, aínda que para o PP do Goberno Autonómico e Central nunca o foi, e como estabmos vendo, tampouco o é”, avanzou Méndez, quen lembrou que a metade da producción de leite en España procede de Galicia, con máis do 55% dos gandeiros. “Os lucenses e os galegos queremos un Presidente da Xunta que defenda ao sector lácteo e non que o arruíne”. 

11 de setembro de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.