Lalín comeza a coordinación da seguridade dos festexos coas restricións de tráfico

Reunión para coordinar a seguridade nos festexos
O alcalde de Lalín participou na reunión de coordinación da seguridade das festas xunto con responsables da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil, de Bombeiros e membros da comisión organizadora das festas. O encontro serviu para empezar a definir o peche de rúas durante os cinco que duran as celebracións. A expensas de que se poida producir algún axuste, estas son as restriccións previstas.
Con carácter xeral ata que rematen as festas, na zona do Regueiriño empezarase a limitar o estacionamento a partir do luns 14 para permitir a instalación das atraccións, que se concentrarán principalmente na rúa Habana e na rúa Caracas.
Ademais as rúas Principal e Joaquín Loriga están pechadas ao tráfico dende as 14.00 horas do SÁBADO 19 ata o remate das festas, o MARTES 22 de setembro. O SÁBADO e o DOMINGO celebrarase a Feira do Vento o que obrigará a pechar o treito da rúa Luís González Taboada que se sitúa diante da praza da Vila. E desde o DOMINGO ás 15.00 ata o remate das festas tamén haberá corte de tráfico no campo da Feira Vello, pola actuación de orquestras.
De forma específica, oVENRES, debido ás actuacións das bandas de música e ao chupinazo, cortarase a praza de Loriga e o treito da rúa Matémático Rodríguez que pasa por diante dela. Ese mesmo día tamén se cortará a rúa B, no treito comprendido entre a rúa Garda Civil e a rúa Pintor Laxeiro, a partir das 21.00 horas.
O SÁBADO, a partir das 22.00 horas, cortarase o tramo da rúa Luís González Taboada que vai entre a rúa Pintor Laxeiro e a rúa Maruxa Gutiérrez, pola actuación dun dúo. Pola tarde tamén se iniciará o corte na praza da Marina e rúa Melide, que se prolongará ata o remate da actuación da orquestra. Ese mesmo día habilitarase un espazo para un concerto na rúa Arenal, aínda que non provocará limitacións no tráfico.
O DOMINGO, a procesión relixiosa, que se celebrará despois da misa do mediodía, obrigará a cortar a circulación nas rúas Colón, Matemático Rodríguez, Principal e Praza da Igrexa. A partir das 17.00 restrinxirase a circulación de vehículos na rúa Luís González Taboada, entre Pintor Laxeiro e Maruxa Gutiérrez por unha exhibición de Zumba.
A preparación do espectáculo dos fogos tamén obrigará a cortar a circulación na zona do Agro de Lalín de Arriba. O LUNS, cortarase pola tarde a rúa D debido ás actividades programadas para os máis cativos. Lembrar tamén que a rúa Rosalía de Castro, como vén sendo habitual este verán, permanecerá tamén pechada a fin de semana.











