publicidade hoxe

Karaoke e agasallos para despedir as actividades da Ludoteca de Verán en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O programa de conciliación familiar da Ludoteca de Verán de Lousame pechou onte as súas portas coa celebración dun animado karaoke nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. Ademais, os cativos tamén recibiron coma agasallo dúas fotografías da súa participación nas distintas actividades enmarcadas nun cadro de pasta elaborados por eles mesmos.

Foron un total de 40 os rapaces, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, os que participaron nas distintas actividades de lecer propostas para as mañáns de xullo e agosto. Durante os pasados meses estivais, os pequenos tiveron a oportunidade de participar en diversos xogos de obradoiros tradicionais propostos polas monitoras e apoiadas por unha voluntaria. Esta iniciativa de para conciliar a vida familiar e laboral “é moi altamente valorada polos pais e o departamento de Servizos Sociais xa recibíu varias peticións de ampliar este servizo durante o mes de setembro”, indicou a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

A Ludoteca de Verán forma parte do programa Lousame Concilia, unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

1 de setembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.