Juanjo Catela será a última incorporación do Santiago Futsal
O Santiago Futsal faise cos servizos de Juanjo Catela para esta temporada con opción a unha máis. O xogador gaditano de 20 anos procede do D-Link Zaragoza, equipo no que militou as dúas pasadas temporadas. Elixido como segundo mellor xogador xoven do mundo en Marzo deste ano nos premios AGLA Futsal Awards 2014 que concede Futsalplanet.com, Catela acadou a a permanencia co equipo maño a pasada campaña sendo decisivo cos seu 15 tantos na temporada 14/15 e con 19 na 13/14.
O técnico Santi Valladares defíneo como “un xogador diferente. Desequilibrante, con bo 1×1 e bo en transición cando é poseedor do balón.” Juanjo Catela será presentado como xogador do Santiago Futsal a vindeira semana.











