Juanjo Catela preséntase como xogador do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación de Juanjo Catela

Presentación de Juanjo Catela

Esta mañá foi presentado o último reforzo do Santiago Futsal para esta temporada, Juanjo Catela, xogador gaditano de 20 anos procedente do D-Link Zaragoza e que firma co equipo de Santiago por dúas temporadas con opción a unha máis. O xogador foi presentado na Clínica Dental Macía, acompañado por Miguel Fernández, director xeral do Santiago Futsal e Alejandra Piedrafita, xerente do Spa Dental Macía.

O director xeral do Santiago Futsal, Miguel Fernández presentou a Juanjo Catela como “Unha das mellores zurdas xóvenes da Liga, de feito o ano pasado foi elixido o segundo mellor xogador xoven do mundo e temos moitas esperanzas postas nel. É un xogador que da moito espectáculo, con moita calidade e moito gol e realmente encaixa ben no noso equipo. Houbo un factor determinante para o seu fichaxe polo Santiago Futsal que foi que el, dende un primeiro momento e pese a ter outras ofertas e moi boas, apostou por vira o noso equipo. E nós, cando hai un xogador de este nivel que quere vir aquí, tamén estamos na obligación de facer un esforzo para que esté con nós.”

En canto ás molestias no nocello que o xogador arrastra dende os últimos meses, o director xeral do clube sentenciou “Ten un nocello que leva dous anos causándolle dor. Queremos buscar o mellor tratamento para o que o nocello non sufra. Estamos traballando co doctor Marque e co doctor Riaza para emitir un diagnóstico e un tratamento para que ese nocello funcione ben durante toda a temporada. Hai que ir con calma e nós non temos prisa. Queremos que esté aquí dous anos e que poida xogar cando esté totalmente recuperado. En canto teñamos o diagnóstico e o tempo de recuperación que vexamos que é o conveniente, farémolo público.”

Pola súa parte, o novo xogador celeste Juanjo Catela afirmou “Decidín vir aquí porque está é unha oportunidad moi boa para min, xa que neste equipo os xogadores xóvenes progresan moi rápido e sempre dan os seus frutos para dar o salto a equipos máis grandes”.

En canto á meta que se pon como xogador do Santiago Futsal, o gaditano confirmou “Gustaríame acadar postos de Play Off e Copa porque creo que temos bo equipo para loitar por esas plaza. Nestes dous anos que esté aquí, quero facer cousas grandes co equipo e facelo o mellor posible.”

16 de setembro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.