publicidade hoxe

Joziane de Oliveira: ‘debemos estar tranquilas para poñer en pista o noso mellor xogo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Renovación Jovi

Renovación Jovi

Cada vez queda menos para que o Burela FS Pescados Rubén e a internacional brasileira Joziane de Oliveira repitan experiencia e emocións na Supercopa de España (domingo 6, 13.00 horas Vista Alegre). “A nosa afección sempre nos apoia, nos mellores momentos, pero tamén nos que non son tan bos. Con Vista Alegre cheo, debemos estar tranquilas para poñer o noso mellor xogo sobre a pista” adiantaba con seguridade a gardameta na formalización da renovación da que se converterá na súa sétima tempada na bisbarra, xunto ao tesoureiro do club mariñán e fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco.

“Confío no equipo, en que poidamos ofrecer a nosa mellor versión e sacar un resultado positivo de Vista Alegre” aseguraba a porteira laranxa nesta primeira parte dun título a 80 minutos, a pesar da entidade do Atlético de Madrid Navalcarnero: “Gañouno todo, é o equipo a bater por excelencia. Será un partido bonito, con moita rivalidade. Creo no traballo do Burela FS, sempre demos a cara fronte ao Futsi; nas últimas ocasións os resultados escapáronnos por pequenos detalles” facía balance así Jozi do arquirrival burelista. “Coma nós é un equipo que mantén o bloque, aínda que perdeu a Belén na portería, unha diferenza a destacar”.

“Tivemos unha pretempada dura, na que fomos medrando pouco a pouco e conseguimos un grupo unido para traballar. Sería xenial comezar a tempada con esta vitoria” concluía Jozi.

3 de setembro de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.