José González convértese no novo director da Escola de Lugo Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Presentación de José González

Presentación de José González

O noso club está en pleno proceso de comezar a tempada deportiva 2015-2016 e dentro da continuidade do traballo realizado a campaña pasada, na que foi a da fundación da entidade, para esta tempada co crecemento que sufriu Lugo Salga na súa Escola, o club está a sumar novos recursos á súa estrutura aumentando o número de adestradores e formadores.

Dentro da filosofía da entidade e da súa Escola, e valorando ese crecemento que a mesma sufrirá este ano cun incremento importante dos seus alumnos, viuse a necesidade de incorporar a unha persoa que dirixa a mesma e é por iso que esa figura e ese posto ocuparao José González como Director da Escola Lugo Salga.

O propio José González, persoa moi vinculada ao deporte na nosa cidade e en concreto ao fútbol sala e que recentemente finalizou a súa vinculación laboral coa Fundación Azkar, ofreceu unha rolda de prensa esta tarde no Salón de Actos da Casa do Deporte da capital lucense. No acto estivo acompañado polo Presidente de Lugo Salga, Marcos Pereira, e o Presidente da SCD Milagrosa, Magín López, así como o seu Director Deportivo, José Manuel Fernández “Madriles”. E é que González compaxinará o seu labor en Lugo Salga co de Director Xeral neste histórico club de fútbol da nosa cidade, posto que o club branquivermello ha decidido dar un paso máis na súa profesionalización para potenciar a organización e estrutura interna do club e así mellorar o traballo que vén realizando na entidade que para esta tempada contará con 25 equipos.

9 de setembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.