Jesús Rodríguez León proclámase campión do mundo master

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Jesús Rodríguez León

Jesús Rodríguez León

No día de onte dábase comezo ás probas previas ao campionato do mundo de maratón senior, sub 23 e xuvenil. A categoría master serían os que ocuparon durante o día de onte o campo de regatas. Jesús Rodríguez León do Club Fluvial O Barco proclamábase vencedor na mañá de onte na categoría K1 Master 35-39 tras percorrer os 22km do circuíto e realizar os 5 porteos dos que constaba a regata.

Miguel Angel González compañeiro de club de Jesús terminaba terceiro na categoría K1 Master 40-44.

O outro participante galego que competiu no día de onte foi o medallista olímpico do Club Kaiak Tudense Enrique Míguez que se tivo que conformar coa cuarta posición na categoría C1 Master 45-49.

Nas probas disputadas esta mañá os deportistas galegos volvían subirse ao podio. Jesús Rodríguez formando parella co asturiano Mihai Constantin lograron a medalla de prata por detrás da parella Arxentina na categoría K2 Master 35-39.

A parella formadaMiguel Angel González e Bernardo Sánchez ambos do Club Fluvial O Barco na categoría K2 Master 40-44 ao terminar a proba na terceira posición por detrás das parellas húngaras e española.

A outra medalla galega desta mañá foi para Enrique Míguez na categoría C2 Master 35-39 que conseguía a medalla de prata formando parella con José Ramón LLuemo.

10 de setembro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.