Investigan un posible caso de violencia de xénero tras a morte dunha muller en Vigo
Unha muller foi achada morta o domingo pola noite nunha vivenda de Vigo e a Policía está investigando se se trata dun novo caso de violencia de xénero, segundo confirmaron fontes policiais. Os feitos aconteceron sobre as 20,00 horas deste domingo, cando un home compareceu en comisaría para entregarse pola morte dunha muller. Ao mesmo tempo, familiares da falecida puxéronse en contacto cos servizos de emerxencia, que foron os que atoparon o seu corpo.
Os investigadores tratan de determinar a relación entre ambos os dous e se se trata dun caso de violencia de xénero. Polo momento, o suceso está cualificado de homicidio. As fontes non precisaron as causas da morte da muller, duns 40 anos, á espera da autopsia.











