Inícianse os contactos coas comunidades de montes para crear o parque forestal da Fracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra inicia este luns os primeiros contactos para activar o proxecto de creación do parque forestal da Fracha abrindo a ronda de encontros coas comunidades de Tomeza, Marcón e A Canicouva. O concelleiro delegado do rural e da parroquia de Tomeza, Demetrio Gómez mantén unha reunión coa Comunidade de Montes de Tomeza, mañá, luns, 7 de setembro, ás 20.30 horas no Casa da Cultura de Lusquiños, para explicarlles cal é a pretensión do Concello e recoller as achegas que poidan facer os comuneiros de Tomeza.

Estes encontros sucederánse nesta semana coas comunidades de montes de Marcón e Canicouva. A asemblea de Marcón será este xoves, ás 21.00 horas, na Casa do Pobo de Marcón, e o mércores será na Canicouva -a hora está pendente de pechar-.

O proxecto da Fracha, aínda por facer, contemplará sendeiros, colocación de mobiliario, xogos infantís, rutas para bicicletas de montaña… e outros atractivos que se poden incluír nun espazo de 250 hectáreas e no que se quere contar coa colaboración de diversos colectivos para que o parque teña garantías de futuro.

O concello de Pontevedra xa dispón dun parque forestal no Pontillón do Castro que está sendo moi empregado polos veciños da cidade como punto de recreo e escapada, especialmente nos fin de semana; e está a piques de rematar o parque de Gatomorto, en Santo André de Xeve, en colaboración coa Comunidades de Montes da parroquia.

6 de setembro de 2015 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.