publicidade hoxe

Inícianse as xornadas de promoción dos bolos para os alumnos do IES Illa de Sarón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Xornada de promoción de bolos

Xornada de promoción de bolos

Un ano máis, e antes de comezar a  XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do  IES Illa de Sarón.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando, como xa dixemos, coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas teñen, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello, de 86 anos, quen se encarga de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

Pois ben, hoxe comezaron estas Xornadas ás 12:50 horas coa participación dos 32 alumnos/as de 1º de ESO.

Martes 29 de setembro:

– 12:50 a 13:40 horas: 1º A de ESO ( 16 alumnos/as).

-13:40 a 14:30  horas:  1º B  de ESO (16  alumnos/as)

Mañá e pasado continuará esta actividade con arranxo ao seguinte horario: 

Mércores 30 de setembro:

– 12:50 a 13:40 horas:  2º de ESO (22 alumnos/as)

Xoves, 1 de outubro:

-10:50 a 11:40 horas: 3º de ESO (28 alumnos/as)

-13:40 a 14:30 horas: 4º de ESO (10 alumnos/as)

O lugar onde se están desenvolvendo  é a NOVA BOLERA DO  IES ILLA DE SARÓN, ubicada no Patio do propio Instituto.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí,  é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 15 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Lóxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO  teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, en especial ao profesor de deporte Luis Rico Pernas, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

29 de setembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.