Increméntanse as empresas instaladas no Polígono das Gándaras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores bonificacións a seis novas naves instaladas no Polígono Industrial das Gándaras. Estas bonificacións xa foran aprobadas no Pleno do mes de xullo e supoñen unha rebaixa do 50% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Segundo informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, “estas medidas responden á clara aposta do Goberno Local polo apoio á creación de empresas e que conleva novos postos de traballo, co que se fomenta o emprego na cidade”, unha prioridade para o equipo que dirixe Lara Méndez.

Este importante esforzo económico que realiza o Concello contrasta coa escasa atención que lle presta a Xunta ás empresas e á dinamización dos polígonos industriais, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que ademais é a institución competente nesta materia. 

Policía Local

A Xunta de Goberno autorizou ao persoal que forma parte dos turnos rotatorios, patrulla verde e unidade administrativa da Policía Local, para que durante o mes de outubro poidan realizar servizos de urxencia con motivo de poder atender calquera eventualidade que poida xurdir, especialmente pola celebracións das festas do San Froilán.

23 de setembro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.