Incidencias de tráfico e no transporte urbano de Santiago por mor da concentración de tractores
Seguen as concentracións de tractores en defensa do sector lácteo na cidade, polo que continúan os cortes de tráfico en diversos puntos da cidade. Cómpre lembrar que nesta xornada de mércores, hai tractores situados nas rúas lindeiras aos edificios administrativos de San Caetano.
Situación do tráfico ás 14:30 horas:
– Cortada a SC-20 (avenida de Gonzalo Torrente Ballester).
– Circulación intensa na autopista AP-9.
– Concentración de tractores arredor dos edificios administrativos da Xunta de Galicia. Circulación lenta, por utilizarse só un carril de saída entre a praza da Paz e a praza de España.
– Tráfico intenso en Galeras en sentido entrada da cidade.
– Tráfico intenso na zona centro, dende Porta do Camiño cara a praza de Galicia.
– Corte na rotonda de Rodríguez de Viguri co Camiño Francés, impedindo o paso aos vehículos en sentido estación de autobuses.
– Tractores no entorno do Centro Comercial As Cancelas, pero sen cortes de tráfico.
– Circulación lenta no centro da cidade (entorno praza de Galicia).
Situación do transporte urbano ás 14:30 horas:
– Desvío da liña C2 por corte na avenida de Lugo. Realizará os desvíos da xornada do martes: dende a rúa Berlín polo centro cara Santiago de Chile.
– Liña C11: ata o de agora os autobuses están a circular pola avenida de Lugo, polo que o seu percorrido está normalizado. Tamén accede ao Centro Comercial As Cancelas.
– Liña C4: dende a rúa da Rosa, vai polo centro ata Fontiñas, non facendo as paradas de avenida de Lugo.
– Liña C2: ata o de agora os autobuses están a circular pola avenida de Lugo ata Bernardo Barreiro. Dende aí desvío polo centro cara Santiago de Chile.
– Liña 7: en lugar de desviarse polo cruce do Multiusos, estase a desviar por Picaños e Santasmariñas; non realiza as paradas en Ponte de Sar.
– Liñas 6, 12, C6 e P3: dende a rotonda de Galuresa desvío por República Arxentina cara o Hórreo. Suprimidas as paradas de Renfe e do Parlamento.
Recomendacións
O Departamento de Convivencia segue recomendando nesta xornada evitar o uso do vehículo para circular polas zonas afectadas polas concentracións de tractores e conseguintes cortes de tráfico. O uso de vías alternativas ou dos estacionamentos disuasorios son boas opción para evitar atascos e retrasos nesta nova xornada de mobilizacións.
O xoves 10, haberá unha manifestación a pé que sairá ás 12:00 horas da Alameda e seguirá por: Senra, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, San Roque, Basquiños e Pastoriza, ata os edificios administrativos de San Caetano.











