publicidade hoxe

Inaugúranse as novas dependencias da Policía Local de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Inauguración das instalacións. Foto: Concello de Gondomar

Inauguración das instalacións. Foto: Concello de Gondomar

Hoxe celebrouse o acto oficial de inauguración das novas dependencias da Policía Local de Gondomar situadas no Centro Neural, en As Cercas. Desta maneira os axentes pasarán de traballar nun pequeno recuncho dentro do Concello a un espazo de 200 metros cadrados, para así dar un mellor servizo a veciñanza tendo unhas instalacións dignas para poder desenvolver o seu traballo e as súas funcións acorde coas necesidades do Concello, así o destacaba o alcalde Francisco Ferreira.

O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Juan Antonio González, tamén aproveitou a ocasión para agradecer o traballo ao equipo de Policía Local de Gondomar, composto por sete axentes e tres auxiliares, un equipo moi curto para unha población duns 14.000 habitantes, polo que anunciou o obxetivo de convocar dúas novas prazas para o reforzo da plantilla.

Ao acto tamén asistiron membros das corporacións dos tres municipios da bisbarra, ademais dos ex alcaldes de Gondomar Ramón Sestelo e Carlos Silva, e representantes das Policías Locais de Vigo, Nigrán, Baiona, Tomiño, Porriño e Ponteareas, do Departamento de Seguridade Vial da Xefatura Provincial de Tráfico, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal e Protección Civil Val Miñor, o Tenente do Destacamento de Tráfico de Porriño, e o Sarxento e o Cabo do Posto da Garda Civil de Gondomar.

4 de setembro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.