publicidade hoxe

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal na localidade ourensá de Maceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMacedaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron esta mañá da imputación dun veciño de Maceda como presunto autor dun incendio forestal neste concello ourensán. O lume que se lle imputa orixinouse o pasado xoves, 10 de setembro, no lugar de Sarreaus e afectou unha superficie de 15.000 metros cadrados (1,5 hectáreas) de monte raso por mor dunha neglixencia ao realizar traballos de desbroce nos que se incumpriron as normas de seguridade.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 3 de Ourense, que se atopa en funcións de garda. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 61 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

15 de setembro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.