publicidade hoxe

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal en Begonte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonteSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Sede de Lugo, imputaron a un veciño do concello lucense de Begonte, como presunto autor dun incendio forestal. O incendio produciuse o pasado 24 de setembro, na parroquia de Cerdeira do concello de Begonte, cando o imputado decidiu queimar restos forestais nunha finca da súa propiedade estando as queimas prohibidas eses días por ser un período de alto risco de incendios. O lume afectou a unha superficie aproximada de 1.000 metros cadrados de monte raso.

Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xuíz Decano do Xulgado de Vilalba, Lugo. No que vai de ano a Policia Autonómica leva imputadas a 63 persoas coma presuntas autoras de incendios forestais.

30 de setembro de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.