publicidade hoxe

Imputan ao condutor dun vehículo tres delitos contra a seguridade viaria en Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilanova de Arousa
A-
A+

Na noite de onte, día 6, na estrada PO-549, lugar da Preto, termo municipal de Vilanova de Arousa, prodúcese un accidente de circulación con saída de vía dun turismo marca RENAUL, modelo MEGANE, ao invadir totalmente o carril de circulación do sentido contrario saíndose pola marxe esquerda chocando co bordo da beirarrúa con derriba dun farol da iluminación pública e un poste do tendido telefónico.

No accidente resultou ferido leve o condutor e único ocupante que foi evacuado ao Hospital do Salnés.

Por compoñentes do Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra foi sometido ás probas de alcoholemia que deron resultado positivo, arroxando na primeira proba 0’75 mg/l e a segunda 0’72.

Ademais deste delito impútaselle tamén outro de condución dun vehículo coa autorización sen vixencia pola perda de puntos e outro máis por condución temeraria. 

Por todo iso procedeuse á imputación polos delitos apuntados e á instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número DOUS de Vilgarcía de Arousa, onde terá que presentarse o imputado P.F.R., de 26 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa.

7 de setembro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.