publicidade hoxe

Importante baixada de impostos en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

No pleno ordinario celebrado no día de hoxe, modificáronse tres ordenanzas fiscais  que suporán unha substancial baixada de impostos para os veciños no próximo exercicio 2016. O imposto de bens inmobles (IBI), establécese no 0,4% mínimo que permite a lei, así mesmo establécese unha redución do 50% da cota das construcións destinadas a usos agrícolas e gandeiros. Tamén a taxa de recollida de basuras se reducirá nun 10% e un 20% o imposto sobre as licenzas de obras.

Ditas ordenanzas foron aprobadas coa abstención do Partido Socialista,  os votos a favor do Partido Popular yel voto a favor do Bng, fóra da ordenanza relacionada coa taxa do lixo. Por outra banda, o Alcalde Antonio Pereiro, informou aos asistentes de que foi presentada unha solicitude á Federación Española de Fútbol para a realización dunha bancada cuberta no campo de fútbol de Gorgullos por un importe de 56.243 €.

24 de setembro de 2015 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.