publicidade hoxe

Homenaxe a Díaz Castro no 25 aniversario do seu pasamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O vindeiro día 2 de Outubro cumprense 25 anos do pasamento do poeta dos Vilares, Xosé María Díaz Castro. Por ese motivo, o Concello de Guitiriz, a A.C. Xermolos e Os Vilares, lareira de soños, organizan ese día uns actos de Honra ao poeta chairego que consistirán no seguinte:

Ás 18:30, no Cimeterio de San Xoán de Lagostelle terá lugar unha ofrenda floral e unhas palabras de Alfonso Blanco coa participación de persoeiros da cultura e a literatura.

Ás 20:00 Inauguración na igrexa dos Vilares á cargo da alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín da exposición sobre Díaz Castro que inicia así o seu percorrido polas parroquias do concello.

Ás 20:30 Acto poético-musical AFILLAD@S DE PEPE, no que poetas novos de Os Vilares e Guitiriz honrarán cos seus poemas a Pepe do Vilariño. Introducirán o acto Alfonso Blanco, que falará da obra do poeta, Man Castro, que aportará a visión máis familiar e Armando Requeixo que Introducirá aos novos poetas da terra. Pastora Veres lerá como primicia o limiar do seu libro e intervirán @s poetas Luz Campello, Jaki Quintela, Mar Beres, Xosé Antón Cascudo e Fátima Fernández. Pechará as intervencións Xulio Xiz que falará desde a perspectiva da amizade con Pepe. Seguidamente, o cantautor Miguel Melero deleitaranos con varias pezas musicais.

Sen dúbida unha homenaxe entrañable e simbólica na que a nova poesía da contorna rinde respeto ao mestre arrestados polos mellores coñecedores da persoa e da súa obra.

24 de setembro de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.