publicidade hoxe

Gondomar actúa na limpeza dos ríos Zamáns, Morgadáns e Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

 

Limpeza de ríos

Limpeza de ríos

Dende a Concellería de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade dirixida por Jimena Varela estanse a realizar esta semana actuacións de conservación e mantemento nos ríos Zamáns, Morgadáns e Miñor. Éstas consisten na retirada de podas e árbores mortas que obstrúen as canles, co fin de mellorar o estado ecolóxico dos ríos que artellan o noso municipio e suavizar os asolagamentos que sofre Gondomar cada ano.

Dita actuación é unha demanda da veciñanza de Gondomar a cal tivo que esperar polos permisos pertinentes para poder levala a cabo. Para a planificación do traballo foi consultado o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia e están a ser executados pola brigada municipal de Vías e Obras.

Preténdese que este tipo de actuacións sexan realizadas de forma periódica e enmarcadas dentro dun plan integral de actuación nos ríos, en cuxa redacción está a traballar actualmente esta Concellería.

Os traballos foron supervisados polo alcalde Paco Ferreira e a concelleira de Infraestructuras e servizos básicos Iria Lamas.

24 de setembro de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.