Galicia lidera o equipo nacional que participará no Campionato de Europa
Mañá dará comezo na localidade romanesa de Baskov o Campionato de Europa Junior e Sub-23, competición que vén sendo o último gran campionato do ano. O equipo nacional está composto por 27 deportistas dos cales 12 pertencen a clubs galegos, o adestrador do Club Naútico O MuiñoManuel Vázquez viaxou cos nosos padeeiros como técnico responsable da expedición galega.
Varios padeeiros optan aos postos de podio despois de que ao longo da tempada conseguisen moi bos resultados nas competicións que preceden.
A primeira en competir será Carla Sieiro-Club Naval de Pontevedra na distancia do K1 1000m en categoría xuvenil, farao mañá ás 9:40 pola rúa 9 da primeira serie, buscará a primeira posición para así acceder directa á fina, se non o consegue remará as semifinais.
Iago Monteagudo-Club Naval de Pontevedra é o seguinte en participar, farao no K2 1000 Xuvenil xunto co padeeiro Adreu Mor do Club Asociación Deportiva XinoXano, a súa serie dará comezo ás 10:52 e buscarán ser primeiros para obetener o pase directo para a final. Esta mesma parella participará pola tarde na eliminatoria do K2 500.
As cesureñasRaquel Da Costa e Camila Morrison empezarán o campionato ás 11:40 coa eliminatoria do K2 1000 xuvenil, as tres primeiras embarcacións pasarán á final directamente. Camila tamén disputará ás 14:35 a eliminatoria do K1 500m, así mesmo Raquel remará a eliminatoria do K1 200 o venres ás 16:35.
Gabriel Hernández-Club Kaiak Tudense participará xunto co padeeiro do Piragüismo Aranxuez Enrique Adán na eliminatoria do K2 1000 sub-23, as tres primeiras posicións nesta serie pasarán directos á final. Ás 17:05 participarán tamén no K2 500 Sub-23.
Borja Bejo-Club Náutico O Muiño participará na eliminatoria do K4 1000 xuvenil ás 12:36 xunto cos seus compañeiros Pablo Toledo, Victor Pardo, OskarRyfa, buscarán o directo á final que outorgan as tres primeiras posicións na eliminatoria. Borja tamén participará o venres na eliminatoria do K2 200m xunto a Pablo Toledo.
Aarón Dieguez-Club Kaiak Tudense remará xunto con Javier Cabañín, Pedro Vázquez e Benjamín Ramírez a eliminatoria do K4 1000m, do mesmo xeito que os xuvenís as tres primeiras posicións outorgaríanlle o pase directo á final.
Alex Bernárdez-Club Piragüismo Poio debutará ás 15:05 disputando a eliminatoria do C1 500 xuvenil, as tres primeiras posicións daranlle o pase á final. Alex tamén participará no C1 200, farao o venres ás 16:20 na segunda eliminatoria.
A nova padeeira do E.P. Cidade de Pontevedra Carolina García xunto coa padeeira Andrea Piñeiro do Club Náutico Firrete debutarán nunha cita internacional ás 15:45 na eliminatoria do K2 500m xuvenil.
Adrián Sieiro-Club Piragüismo Poio buscará o pase á final do C1 500 Sub-23 ás 16:15, o de Poio buscará neste campionato a súa primeira medalla internacional despois do sexto que conseguiu no mundial absoluto en Milán, Adrián tamén participará no C1 200m.
Tania Fernández-Club Fluvial de Lugo remará a eliminatoria do K4 500 Sub 23 xunto ás súas compañeiras, Sara Ouzande, Miriam Veiga e Begoña Lazkano ás 17:30. O tres primeiras posicións levaríanas directas á final.











