publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Francisco Fumega califica os 100 primeiros días de mandato como positivos e próximos aos veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño Fracisco Fumega fixo a valoración dos cen primeiros días de mandato, resumindo con duas palabras “prudente e positivo”. Fumega iniciaba a súa valoración sinalando que “nestes cen primeiros días cumprimos compromisos adquiridos, como o máis importante. Escoitar os veciños. Pedimos desculpas polos que ainda non pudimos chegar, pero que saiban que chegaremos a todos e cada un deles, para sabes as suas queixas, necesidades e opinións, tal e como anunciamos na nosa campaña electoral”.

Neste senso o màximo edil carballiñés destacaba en primeiro lugar que, calquer veciño ou veciña que se achegue o concello vai atopar alí o alcalde e os concelleiros “o que manifesta o grao de compromiso de todo o noso grupo de goberno co cargo que ocupamos e cos ciudadans deste municpio”.

Sinalaba Fumega que unha das primeras medidas foi refelixionar sobre as verdadeiras necesidades dos veciños. Por elo iniciaron xa os traballos en zonas onde verdadeiramente demandaban os veciños “ e non en rúas donde nin si quiera viven ninguen”. Este é o caso dos traballos nas rúas Galicia, Ben-Cho-Shey.

Continuando nese capitulo de obras Francisco Fumega adiantaba o inicio dos traballos na rúa Perfectino Vieitez, para unila ca Principal, o asfaltado da rúa traseira do Pabellón, a adxudicación das obras da rúa Avia, a adxudicación do asfaltado da explanada da Uceira, ou a xa mencionada Ben-Cho-Shey, donde ademías gañaranse prazas de aparcamento “que nos pemritirán iniciar o proxecto de zonas azuis gratuitas, tan demandadas polo comercio local e os veciños en xeral”. Por útimo, neste aspecto de proxectos e obras, Fumega anunciaba unha reunión co presidente da Deputación, para falar, entre outras cousas, do aslfatado da avenida de Galicia.

Outro dos aspectos que destacou o alcalde carballiñés dos cen primeiros días de mandato foi o contacto intenso co Rural realizando traballos nesas zonas “casi dende cero, xa que levaban 4 anos de retraso en moitas das súas peticións”. Ademáis de achegar o rual servizos e actividades dende todalas áreas municipais.

No esqueceu Fumega os traballos de limpeza integral do municipio “traballos que seguiremos executando para ofrecer os veciños e veciñas un pobo e un municipio limpo, cómodo e mostrar o mellor Carballiño os visitantes”.

Finalmente Fumega tamen destacou, dentro destes cen primeiros días, a gran organización da semana da Festa do Pulpo, as xestións realizadas cos balnearios para dinamizar este sector na vila, ou a redacción do proxecto técnico para a elaboración das bases de adxudicación do Matadoiro “que esperemos poder abrir antes de fin de ano”.

Fumega aseguraba que “o obxetivo do noso grupo de goberno é escoitar os veciños e preocuparnos polo que nos piden xa que estes pequenos detalles son os que fan grande a xestión municipal”.

24 de setembro de 2015 | 14:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.