Finalizan as rutas de sendeirismo do verán de Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Tras dous meses de rutas, Turismo de Bueu finaliza o vindeiro sábado as rutas deste verán cunha camiñada polos Muíños. Esta ruta ten unha duración de catro horas e sete quilómetros de dificultade media-baixa. Os que desexen inscribirse aínda poden facelo na Oficina de Turismo de Bueu, ou chamando ao número de teléfono 986 32 44 57.

Durante este verá, os buenenses e demais visitantes puideron camiñar polo sendeiro do litoral, a Ruta dos Pazos, a Ruta dos Abades I e II, Ruta dos Muíños, Ruta de Cabo Udra ou a Ruta de Ermelo. Ademais, tamén se organizaron visitas guiadas ao  Massó e pola vila para coñecer os seus recunchos.

Desde a Oficina de Turismo destacan o éxito das rutas, en especial as guiadas ao Massó, nas que en case todas tiveron lista de espera ao superar as 30 persoas. 

14 de setembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.