Finalizadas as obras de arranxo da pista de skate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Pista de skate

Pista de skate

O Concello de Bueu culminou fai uns días as obras de arranxo do skate park sito na zona das Lagoas, que estaba en malas condicións e para o que se acometeu unha actuación valorada en 9.000 euros. As obras consistiron nunha reparación dun material diferente, que se considera máis resistente. En concreto, aplicouse unha capa de formigón de 2 cm e por enriba poliéster reforzado con fibra de vidro, cuberto todo dunha pintura verde. O executivo buenense puxo a máxima prioridade nesta actuación debido á perigosidade e mal estado das instalacións, xa que a comezos de agosto se detectaron varias chapas desprendidas.

Os rapaces da vila destacan o cambio deste material, o que enche de satisfacción a Félix Juncal, quen non descarta ampliar esas instalacións a outros lugares da vila buenense en vista do éxito que teñen.

29 de setembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.