publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza o programa “Xove Concilia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Clausura de Xove Concilia

Clausura de Xove Concilia

O Concello de Xove puxo en marcha, durante os meses de xullo e agosto, o proxecto “Xove Concilia”, dirixido a conciliar a vida familiar e laboral das familias de Xove e organizado dende as Concellerías de Deportes e Servizos Socias. Dito programa dirixido a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria contou cun total de 46 menores que participaron nas diferentes actividades (actividades acuáticas, manualidades, xogos predeportivos, xornadas de cine, educación viaria, xornadas temáticas…) desenvolvidas de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Como remate final realizouse unha xornada na que tamén puideron participar pais/nais/titores e irmáns dos nen@s que participaron no programa e disfrutar dunha merendada coas familias.

3 de setembro de 2015 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.