publicidade hoxe

Fin de semana de festas en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Concello de Vedra prepárase para unha fin de semana marcada polas Festas das Dores na que o sábado 5 actuarán Ciclón e Los Satélites. O domingo 6 será o turno da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla e a Banda Musical de Monçao rematando a verbena con fogos de artificio. O luns 7 actuarán Armonía Show e Sintonía de Vigo.

Será o luns cando darán comezo as Festas de Ponte Ulla. O luns 7 de setembro. Ás 21 horas misa na igrexa parroquial de Ponte Ulla, saída da procesión e tirada de fogos artificiais a cargo de Pirotecnia Penide. En Gundián amenizará a festa A LIRA DE PRADO e o TRIO UNIÓN E FORZA

MARTES 8 de setembro. Misas rezadas durante toda a mañá e misa solemne as 13 horas cantada polo Coro Parroquial. Amenizará a romaría A LIRA DE PRADO e GRUPO DE GAITAS XUNTANZA.

Domingo 13 de setembro. Misas rezadas as 9 e as 12 horas, solemne ás 13 horas cantada polo Coro Parroquial. Ás 10:30 h. CARREIRA PEDESTRE POPULAR. Amenizará a romaría O GRUPO DE GAITAS XUNTANZA e A CHARANGA BB+.

4 de setembro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.