Festas de Santa Cruz e do Santísimo Sacramento en Santa Cruz de Montaos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A parroquia de Santa Cruz de Montaos celebrará mañá sábado as súas festas na honra a Santa Cruz. O programa inclúe misa solemne ás 13.30 horas, ademais das actuacións do grupo de gaitas Os Pelexos e da orquestra Dúo Avenida, tanto na sesión vermú como na verbena nocturna.

Xa de cara ao domingo celebrarase a festa na honra ó Santísimo Sacramento. Novamente haberá misa solemne ás 13.30 horas e música a cargo dos Pelexos e da orquestra Bahía Blanca a mediodía.

Ademais de múltiples firmas comerciais, así como veciños e veciñas, na festa tamén colabora o Concello de Ordes.

11 de setembro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.